A pasada fin de semana decenas de voluntarios “tomaron” 14 areais de Galicia para levar a cabo unha actividade de concienciación medioambiental a través da limpeza das mesmas. En total, 150 persoas participaron nesta acción que na área de Vigo tivo lugar en Baiona, Moaña e Nigrán.
No conxunto de areais recolléronse máis de 1.000 quilos de lixo, a meirande parte deles de plásticos, ademais de cordas, aparellos de pesca, caixas ou incluso un sofá.
Como apunta Adega, promotores desta actividade, o lixo mariño é unha das maiores problemáticas ambientais do planeta, provocando graves consecuencias sobre os ecosistemas acuáticos, e numerosas mortes de aves mariñas, mamíferos e tartarugas. Por iso, dende a asociación ecoloxista denuncian “os modelos de consumo da nosa sociedade, que produce millóns de toneladas de lixo ao ano”, refugallos que rematan nos océanos procedentes tanto das industrias como da poboación en xeral, por unha mala xestión dos residuos que xeramos.
A Facultade de Bioloxía presenta o proxecto Montes Vigo 2046, unha iniciativa que chega da man da Mancomunidade de Montes de Vigo
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL