A chuvia non pode co Entroido, pero si o condiciona. As malas previsións meteorolóxicas para a tarde deste martes, 13 de febreiro, obrigan a trasladar a programación prevista para esta xornada, última do Entroido de Salceda.
Deste xeito, un dos elementos máis populares, o enfrontamento entre os barrios de A Feira e Castro Barreiro, terá que esperar até o domingo, 18 de febreiro. A organización decidiu apostar sobre seguro e trasladar tanto o desfile de carrozas e comparsas como o enfrontamento no cruceiro de Fontedapedra para o domingo, cando a previsión apunta a ceos totalmente despexados e situación anticiclónica.
O horario será o mesmo que o inicialmente previsto para este martes de Entroido. Así, ás 17:00 horas terá lugar na praza do Concello a presentación das centenarias carrozas e comparsas e arrancará o desfile. Xa ás 19:00 horas será o momento do enfrontamento no cruceiro de Fontedapedra.
“Todo comezou cando menos no 1888, ano en que un veciño da Feira lle pedía aos seus familiares emigrados no Brasil ideas e diñeiro para afrontar o entroido”, explica a concelleira de Cultura salcedense, Tere Pérez. Esa é a primeira data documentada da celebración dunha tradición única na nosa contorna.
Os dous barrios preparan durante meses esta cita no máis absoluto segredo. Nada pode transcender. Nin a temática das carrozas, nin os disfraces nin tan sequera a música de verbena que soará. Nada que lle permita ao rival adiantarse e mellorar a oferta. A implicación da veciñanza é total e todos colaboran, dun ou outro xeito, en manter vivo este enfrontamento. Nin tan sequera o Franquismo puido con eles. Coa prohibición da ditadura os veciños continuaron coa súa troula, coplas e regueifas chamando a este entroido “festas de primavera” ou mesmo do santo que coincidira coas datas. Imaxinación nunca lles faltou.
Con esta cita finalizará o Entroido de Salceda 2018, nun ano no que o Concello apostou por recuperar os Ranchos de Entruido, os cabaleiros, as damas, os danzantes e os mamarrachos, figuras tradicionais das súas festas.
Ata o 5 de abril estará aberto o período de preinscrición na Escola Infantil do campus de Pontevedra, que contará con catro aulas e 51 prazas
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL