Miguel Alonso presenta a súa primeira novela en Ponteareas

O músico e escritor Miguel Alonso presentará este venres, 10 de novembro, a súa primeira novela, “O caso Quintana”, dentro do ciclo Venres D_letras, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas. Con este ciclo pretende dárselle visibilidade aos autores galegos e, nomeadamente, á situación actual da literatura de noso. A actividade desenvolverase a partir das 20:30 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

“O caso Quintana” é unha novela xuvenil de intriga, na que dúas rapazas, estudantes de Psicoloxía na USC, deberán empregarse a fondo para solucionar o misterioso asasinato dun dos profesores da Facultade e máis dunha alumna. A novela é debedora dos clásicos do xénero; mesmo as protagonistas semellan un Sherlock Holmes e un Doutor Watson de noso, desenleando os fíos que levarán á resolución final do caso.

Ademais da súa faciana literaria, Miguel Alonso é un recoñecido músico, con varios discos publicados.

O ciclo Venres D_letras terá continuidade no mes de decembro coa presentación de «As receitas de Rosaura», da escritora ponteareá Isabel Blanco dirixido a un público infantil.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*