Caramuxo chega a Tui cun espectáculo para bebés “redondo”

Este venres o Teatro Municipal de Tui acolle dobre función de “Redondo”, unha obra de teatro para bebés que chega da man de  Caramuxo Teatro. A cita será ás 17.30 e 19 horas, estando limitado o aforamento a 100 espectadores por función, xa que sentarán no propio escenario. A obra está recomendada para nenos de 6 meses a 3 anos.

Unha esfera agocha historias sorprendentes que poderemos descubrir nunha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia durante 30 minutos. A Mr. Round o seu protagonista fascínanlle os obxectos redondos. Juan Rodríguez da vida a esta obra de teatro para bebés que dirixe Laura Sarasola.

Entradas

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres media hora antes do inicio de cada función aos prezos de 3,5€ e 2,5€ no despacho de billetes.

• Lugar: Teatro Municipal de Tui
• Data: Venres, 10 de novembro, ás 17.30h e ás 19h co aforamento limitado a 100 espectadores por funcións.
• Entradas: á venda, ao prezo de 3,5€ – 2,5€.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*