Os bosquinenos visitan o bosque encantado de Aldán

Este domingo, 11 de novembro, os “bosquinenos” teñen unha nova misión no concello de Cangas. A asociación de educación ambiental Alados organiza unha actividade no Bosque Encantado de Aldán pensada para que os máis cativos desfruten da natureza, aprendan a valorala e comprendan a necesidade de coidar do medio que nos rodea.

Entre as 11:00 e as 14:00 horas, os rapaces e rapazas “axudarán aos animais do bosque construíndo comedeiros para aves e esquíos” á vez que os instrutores explicarán que pasa no bosque despois dun incendio.

A actividade ten un prezo de 9€ por rapaz para os socios e de 12€ para os non socios, namentres que os adultos acompañantes poden participar de balde. Para anotarse é necesario enviar un correo a info@alados.es ou chamar ao teléfono 662 140 027.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*