O Concello de Nigrán e Confraría de Pescadores ‘A Anunciada’, coa financiación do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), organizan esta fin de semana unha ludoteca mariñeira para nenos e nenas de 4 a 14 anos.
A actividade, supervisada por monitores, terá lugar o sábado e domingo, de 11:00 a 14:30 horas, no Auditorio Municipal e na Praza do Concello e contará con xogos, animación en directo, obradoiros medioambientais e reciclaxe con refugallos. Ademais, o domingo, ás 13:00 horas, celebrarse un contacontos, tamén de balde.
Esta programación infantil encádrase en “Nigrán, mar de sabores”, un evento que fusiona tradición mariñeira con gastronomía e ocio e que se extende máis alá das dúas xornadas lúdicas e culturais de setembro.
El festival científico "CinVigo" toma Porta do Sol con una programación que incluye talleres, espectáculos y hasta una yincana
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL