Roteiro a través do Camiño de Santiago por Redondela e as lendas que agocha

O Concello de Redondela organiza este domingo un roteiro a través do trazado do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso por Redondela. A andaina, cun percorrido de 5 quilómetros, estará guiada por Xurxo Constela, arqueólogo de A Citania, e é totalmente de balde.

Ao longo de tres horas de duración aproximada, os asistentes poderán percorrer parte da vía romana XIX, que unía Braga con Astorga ao seu paso por Galicia, coñecerán tamén lendas e tradicións como a relacionada coa “bañeira da moura” ou os miliarios de Sobreiro, en Cesantes. A ruta, finalizará no Alto da Cabaleira en O Viso, onde se poderá desfrutar dunhas impresionantes vistas á Illa de San Simón.

Para participar neste roteiro non é necesario inscribirse e os interesados soamente deben presentarse na Capela de Santa Mariña (N-550) ás 10:00 horas da mañá. Debido a que o percorrido non é circular, recomendase deixar un vehículo aparcado no contorno do Alto da Cabaleira, O Viso, para poder volver ao punto de partida.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*