O actor arousán Carlos Blanco e o cómico e debuxante Luis Davila presentan no Teatro García Barbón de Vigo o «Menú da noite», o seu novo espectáculo que mestura o debuxo e o humor. Logo do éxito logrado co espectáculo «Menú do día», Carlos Blanco e Luis Davila presentan esta nova proposta na que cambian a saia escocesa polo traxe para viaxar a Broadway, onde exhibirán as súas dotes de bailaríns de claqué e incluso cociñarán caldo en directo.
Blanco e Davila cambian así o día pola noite nun traballo a dúo no que prometen risas aseguradas, e tamén debuxadas, que estarán acompañadas coa música do compositor e produtor vasco Kepa Junquera e do gaiteiro moañés Xosé Manuel Budiño.
A cita será o vindeiro sábado, 16 de setembro, a partir das 20.30 horas e as entradas teñen un custe de entre 8 e 13,60€. Podes mercalas en Ataquilla.
Ata o 5 de abril estará aberto o período de preinscrición na Escola Infantil do campus de Pontevedra, que contará con catro aulas e 51 prazas
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL