O sindicalista Xosé Díaz será o protagonista do ciclo "Venres D_letras" do mes de outubro, que terá lugar o venres, día 13, no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas, a partir das 20.30 horas. Díaz presentará a súa última publicación, o ensaio "As contas que nos contan", onde analiza o "papel ideolóxico das balanzas fiscais" e o seu emprego como "ferramenta recentralizadora" por parte do Estado.
O que fora presidente da Comisión de Economía na V Lexislatura do Parlamento de Galicia mantén a tese de que a sobrevaloración das balanzas fiscais fronte a outro tipo de datos económicos, ten como finalidade ofrecer unha imaxe subsidiaria do país fronte a un Estado que se presenta como fornecedor da economía galega, o que significa unha imaxe distorsionada da nosa realidade económica.
O ciclo “Venres D_letras”, de periodicidade mensual, está organizado pola Concellería de Cultura e pretende darlle visibilidade aos autores galegos contemporáneos. No vindeiro mes contaremos coa presencia de Miguel Alonso, que nos falará da súa primeira novela "O caso Quintana".
Ata o 5 de abril estará aberto o período de preinscrición na Escola Infantil do campus de Pontevedra, que contará con catro aulas e 51 prazas
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL