lunes, 5 de diciembre 2022

mayo de 2022

Este es un evento con más fechas:

14may20:00"HOME, COMEDIA DECONSTRUÍDA" EN SALA ÁRTIKA DE VIGOTEATRO | VIGO | 10€

Detalles

Un monologuista preséntase no teatro e comeza o show, fala da infancia, do que representa facerse maior, do colexio, dos amigos… Pouco a pouco, vaise decatando de que certos chistes xa non lle fan graza. O espectáculo cambia o tono de stand-up para comezar a deconstruírse, ata un punto no que o propio cómico cuestionase a súa forma de entender o mundo…

“Home” é un espectáculo cómico e feminista, unha crítica mordaz sobre as distintas caras do machismo, unha comedia de xénero dexenerada, un show
para rirse e revisarse. Trata un tema delicado desmontando o propio xénero da comedia, cunha posta en escena sinxela e versátil, que vai do stand-up ao clown, do musical ás marionetas, da parodia ao absurdo, da risa ao drama.

É unha comedia deconstruída e irreverente, un espello no que o público se verá reflectido. Cun sentido do humor directo e arriscado, quere facer rir e dar que pensar, nun momento social absolutamente necesario. Un espectáculo honesto e provocador, polémico e divertido, no que o propio Antón Coucheiro cuestiónase e búrlase de si mesmo.

Fecha

sábado, 14 mayo

Hora

20:00 horas

Precio

Entrada anticipada: 10 euros + gastos de xestión | Á venda na páxina web de Sala Ártika

Entrada xeral: 14 euros

Dirección

Sala Ártika de Vigo

Av. da Beiramar, 113, 36208

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

X