miércoles, 4 de octubre 2023

ILLAS DESERTAS EN VIGO (VIGOCULTURA)

11feb20:00ILLAS DESERTAS EN VIGO (VIGOCULTURA)TEATRO | VIGO | 8€

Detalles

Illas desertas nace como resposta un mundo competitivo que só sabe camiñar nunha única dirección: a de facernos produtivas. O espectáculo, da compañía ArtesaCía, propón unha travesía cara a nada, ancorada na narrativa e na poesía audiovisual onde o público é parte activa da peza. Illas Desertas é unha experiencia inútil, unha viaxe cara á nada, un canto ao fracaso, unha conquista do inútil, unha viaxe interior. É habitar, abrir, reencontrarse con eses territorios ignotos que nos habitan interiormente e que buscan saír á boia cando a vida nos sacude, cando nace ese baleiro que o material non pode encher.

Por que non roubarlle tempo á morte con esta aventura? A través do movemento, das voces en off, da realización de cinema en directo, da interpretación, do son, da poética dos obxectos, da construción de maquetas e do traballo con máscaras xéranse paisaxes escénicas cunha enorme carga poética, salpicados das experiencias e reflexións de dous aventureiros: a aviadora Amelia Earhart e o explorador Ernest Shackleton.

Fecha

viernes, 11 febrero

Hora

20:00 horas

Precio

8 euros | Entradas en Giglon

Dirección

Auditorio Municipal de Vigo

Praza do Rei, Vigo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.