Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
diciembre de 2021
26dic18:30MARÍA FUMAÇA "O VELEIRO VERDE" EN VIGOPEQUES | VIGO | 7€
A locomotora non para e surca os mares a bordo dun veleiro que chegou ás nosas vidas para facernos mudar o rumbo e remover conciencias. Ao igual que nos anteriores espectáculos, a
A locomotora non para e surca os mares a bordo dun veleiro que chegou ás nosas vidas para facernos mudar o rumbo e remover conciencias.
Ao igual que nos anteriores espectáculos, a festa está garantida. Botamos leña á caldeira e subimos un chisco os decibelios para que nos escoiten con toda a enerxía, sen medias tintas. Con máis flow, rock rebelde, co noso Ruiguetón, e funk, sen esquecer o tradi, marca da casa.
O noso maquinista, Ruí, medrou e, xa maior de idade, segue a ser o que nos guía e nos dá alento para saír aos escenarios cunha nova estética, mais preservando os valores que sempre nos moveron. Notaredes que houbo unha evolución lóxica nun proxecto vivo e en constante movemento.
Cantamos, protestamos ben alto e ben forte, pois abonda xa de non escoitar as nosas opinións, as nosas arelas, as nosas xustas reclamacións, de non respectar a inclusión, a igualdade de xénero e o dereito a medrar nun planeta vivo, verde e con futuro.
É unha explosión de cor, un lóstrego de esperanza, unha greta pola que se cola o optimismo dando chimpos de alegría. A mensaxe é clara: temos azos para afrontar a travesía do futuro. O veleiro verde de María Fumaça é moito máis que un veleiro. É un transformador de enerxía. Proba a subir nel e verás como podes cambiar o mundo, desafiar a lei da gravidade e voar a outros universos, onde poder recomezar e habitar un espazo máis leve, máis lúdico e máis humano.
domingo, 26 diciembre
18:30 horas
7,75 euros | Entradas en teuticket
Auditorio Mar de Vigo
Av. da Beiramar, 59, 36202 Vigo
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL
Deja una respuesta