miércoles, 5 de octubre 2022

marzo de 2022

04mar20:00O'Péndulo en Vigo (estrea)TEATRO | VIGO | 10€

Detalles

Unha obra de teatro-documento que nos amosa como se desenvolveu a sublevación militar de 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia. Este achegamento á nosa historia colectiva faise desde o persoal. Marta Pérez, co-dramaturga e actriz, trasládanos a experiencia do seu bisavó, Tirso Gómez Freijido, natural de Ribadavia e residente na Cañiza. Membro do Partido Socialista Galego, republicano e presidente da Casa do Pobo da vila. Tirso foi apresado e fusilado no ano 1936 no Castro de Vigo, xunto cos seus camaradas Justo Moure, Jesús Pérez e Antonio Mojón. Xunto con eles foi apresada tamén María Gómez, alcaldesa da Cañiza, pertencente a Esquerda Republicana, a única muller que exerceu ese cargo en Galicia durante a Segunda República. Esta última conseguiu salvarse do fusilamento no último momento, alegando un falso embarazo. Foi condenada a cadea perpetua e rematou vivindo en Lugo coa anarquista Urania Mella.

Colaboran: AGADIC e a Rede Galega de Teatros e Auditorios

Horario:

  • Comeza ás 20:00 horas
  • Duración: 70 minutos

Prezo:

  • 10 €

Fecha

viernes, 4 marzo

Precio

10 euros

Dirección

Auditorio Municipal de Vigo

Praza do Rei, Vigo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

X