A CIG celebra mobilizacións por toda Galicia para rexeitar a reforma laboral

Manifestación del 1 de mayo de 2021 (Imagen de archivo)

Publicidad

Centos de persoas participaron este domingo en senllas protestas convocadas pola CIG nunha decena de municipios de Galicia para rexeitar a nova reforma laboral que impulsa o Goberno de PSOE e Unidas Podemos, porque "consolida" as anteriores aprobadas en 2010 e 2012.

As mobilizacións celebráronse nas ciete cidades galegas en torno ao mediodía, así como en Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Ribeira e Cee, co obxectivo de que a nova lexislación en materia laboral, que conta co acordo da patronal e os sindicatos CC.OO. e UXT, non reciba a convalidación do Congreso.

A xornada de mobilizacións coincidiu cunha convocatoria similar en Euskadi e en Cataluña promovido por centrais nacionalistas. O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, participou na protesta en Vigo, desde onde denunciou que a nova reforma "significa consolidar" as realizadas por Zapatero e Rajoy en 2010 e 2012, respectivamente.

Segundo Carril, as modificacións expostas por PSOE e Unidas Podemos son unha "fraude" e "un auténtico golpe de estado aos dereitos laborais e sociais da clase traballadora".

"Despois de 10 anos de loita e de mobilizacións, despois de tres folgas xerais, a reforma de 2012 queda intacta, coa gravidade de que se actualiza ás medidas máis duras e inxustas condicións impostas pola UE para acceder aos fondos europeos", engadiu o líder da CIG.

Ademais, a nova reforma é "un novo e grave exemplo" de como UGT e CC.OO. exercen de "sindicatos de clase, de entreguismo aos intereses da patronal" e de "parvos útiles" na renuncia do Executivo central "á tan repetida promesa electoral".

Favorece "as nefastas políticas" do PP

E é que esta reforma, para Carril, é un instrumento que favorecerá as "nefastas" políticas do PP con Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta, que xeran "graves consecuencias como a destrución do emprego e o aumento da precariedade".

Sobre o proceso de elaboración e aprobación da reforma, o secretario xeral da CIG censurou que empregasen o diálogo social "de forma antidemocrática para chegar a este obsceno acordo de non derrogar" a do 2012. "Aínda por enriba queren impolo no congreso", afeou.

Por todo iso, xa avanzou que a CIG "non se vai a calar", porque espera "que as forzas políticas soberanistas e de esquerdas se manteñan firmes sen dar un paso atrás para impedir que saia adiante".

Derrogación "íntegra"

Xunto a este sindicato, tamén o BNG realizou un amplo despregamento de filas nestas protestas. A súa portavoz nacional, Ana Pontón, participou na mobilización de Santiago xunto ao deputado no Congreso, Néstor Rego, para reclamar a derrogación "íntegra" da reforma laboral do PP, xa que a que impulsan PSOE e Unidas Podemos queda "a medio camiño" e é "un lavado de cara".

Neste sentido, a líder da oposición galega preguntouse "por que" estas dúas formacións do Goberno estatal, seguen cunha proposta que "non devolve" aos traballadores os dereitos "roubados" polo PP.

A portavoz nacional do BNG recalcou que urxe instaurar a indemnización de 45 días por ano traballado para non permitir "barra libre" ao despedimento.

Así mesmo, Pontón marcou como indispensable derrogar a reforma laboral para "acabar coa precariedade" e demostrar que os gobernos están para "mellorar a vida das persoas", señaladamente os mozos e as mulleres.

Salir de la versión móvil