O Rosal denuncia que é "imposible" pedir cita médica: "soamente se pode acudir por Urxencias"

Publicidad

O Rosal continúa a denunciar novos pasos que afondan na “precariedade que está a sufrir o servizo de Atención Primaria no municipio”, que sufre un progresivo “desmantelamento dende hai tempo” agravado dende o inicio da actual situación sanitaria. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública asegura que nestes intres é “imposible” pedir cita médica para acudir ao centro de saúde rosaleiro, xa que o Sergas non está a substituír ao persoal de baixa ou de vacacións, o que obriga a bloquear dúas axendas médicas, a non dar novas citas e a que os rosaleiros e rosaleiras "soamente podan acudir ao médico por Urxencias".

Dende a Plataforma esíxese ademais que se regrese á atención presencial das e dos pacientes, xa que a actual situación de atención telefónica prioritaria sen reforzo do persoal sanitario está a causar “grandes prexuízos tanto ás e aos profesionais como á veciñanza”.

A Plataforma vén de poner en marcha unha serie de accións de denuncia, como informar diariamente aos rosaleiros e rosaleiras do persoal sanitario do que dispón o centro de saúde. Ademais, nas últimas semanas a Plataforma recolleu xa máis de 1.100 sinaturas pedindo que se tomen medidas ante o “progresivo deterioro do servizo” que se entregarán nos vindeiros días na delegación da Consellería de Sanidade e na xerencia do Sergas.

Salir de la versión móvil