O sector da estética e de perruquerías saíu hoxe á rúa en toda España para reclamar un IVE reducido e a posta en marcha dun plan despois da pandemia do coronavirus. “Xa quedou demostrado con esta dolorosa pandemia que prestamos un servizo esencial recoñecido oficialmente nos Decretos dos Estados de Alarma”, argumentan os profesionais.
Actualmente, os servizos ofrecidos polo sector tributan ao 21%, o que supón “unha sangría cada vez máis difícil de soportar”. Piden que se reduza ao 10%. Segundo a Alianza de Perruquerías para lograr este obxectivo, o 63% dos negocios atopábanse ao límite de supervivencia despois do confinamento. A baixada ao 10% permitirá inxectar 451 millóns de euros nun sector que durante 2020 tivo unhas pérdidas aproximadas de 1.280 millóns de euros.
En Salceda de Caselas, todo o sector da imaxe persoal uniuse hoxe na Praza do Concello para apoiar a convocatoria estatal. Só neste municipio, o sector xera 32 empregos directos e “ducias de indirectos”. “É de xustiza que volvamos a pagar o 10% de IVE, como viñamos facendo ata a inxusta e discriminatoria suba do ano 2012”, argumentan.