A Fundación Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra arranca o seu novo curso 2022/23 ofrecendo clases completamente gratuítas para nenos e nenas de entre 6 e 16 anos nas modalidades de gaita, pandeireta e tambor. Dende este luns 19 de setembro, o prazo de matrícula para comezar a formarse nestes tres instrumentos xa está en marcha, así como o das outras materias tradicionais que se imparten: Zanfona, Canto tradicional, Corda pulsada, Acordeón e Música e Movemento, todas elas sen límites de idade.
As persoas interesadas en calquera destas clases pode atopar toda a información ao respecto e formalizar a súa inscrición a través da web do centro ou chamando ao 986487020. O proxecto formativo da Escola de Gaitas está dirixido a todo tipo de público e se imparte fisicamente nas instalacións do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI).
Tras dar os seus primeiros pasos como asociación a principios do novo milenio e despois dunha importante actividade dentro e fora de Galicia, foi no 2005 cando naceu a Escola de Gaitas chegando a contar con distintos centros operativos en distintos puntos das comarcas de O Salnés, Deza, Morrazo, Pontevedra y Vigo. Pola Escola de Gaitas, pasaron xa uns 5.000 alumnos e alumnas e, na actualidade, centra toda a súa actividade nas instalacións do Instituto Feiral de Vigo, IFEVI, xestionando, ademais, a Escola de Gaitas do Concello de Fornelos de Montes.
No 2019 se constitúe formalmente a Fundación Banda de Gaitas da Provincia co principal obxetivo é promulgar a valorización, o respecto e a transmisión nas xeracións tanto da música como da tradición galega. Un proxecto formativo que busca afondar na riqueza musical da gaita, a zanfona e a percusión, a través do desenvolvemento dun proceso de ensinanza e aprendizaxe onde se combinan coñecementos teóricos e prácticos sobre as técnicas específicas de interpretación e os seus valores culturais.
Entre os fitos máis destacados da Escola de Gaitas, a súa participación no Día da Hispanidade no 2003 en New York o Festival de Santa Lucia en Monterrey (México) no 2008, na saída da volta ciclista a España 2013 e na etapa final da volta ciclista a España no ano 2022.