A Escola de Letras da Deputación regresa de novo a Vigo

Publicidad

A “Escola de Letras” que a Deputación de Pontevedra xunto a Editorial Galaxia retoma neste mes de setembro os seus obradoiros de escrita tralo verán. Serán en total catro os cursos que comecen este mes de setembro, arrancando este próximo luns, 7 de setembro, na sede de Vigo da institución provincial cun obradoiro dirixido a persoas maiores de 60 anos, e no Pazo provincial en Pontevedra o 21 de setembro sobre “Escrita creativa avanzada”. Tamén este mes realizaranse outros dous cursos sobre “Escrita creativa” e “Poesía de perfeccionamento”, ambos na sede de Vigo.

O “Obradoiro literario para persoas maiores”, dirixido por Francisco Castro, se desenvolverá os días 7 de setembro, 5 e 20 de outubro, 4 e 17 de novembro e 1, 15 e 16 de decembro en horario de 19.30 a 21.30 na sede de Vigo, con algunhas prazas aínda vacantes.

No que respecta ao curso de “Escrita creativa”, con Diego Giráldez e no mesmo horario e lugar, comezará o martes 8 de setembro e continuará o 28 de setembro e os días 14, 19 e 26 do mes de outubro, con todas as prazas cubertas.

Pola súa banda, o obradoiro de “Poesía de Perfeccionamento”, a cargo de Antonio García Teijeiro, terá lugar os días 16 e 17 de setembro na sede de Vigo da Deputación de 19.30 a 21.30 horas, co aforo xa completo. En canto ao obradoiro en Pontevedra, no Pazo provincial, será a cargo de Francisco Castro e centrarase na “Escrita creativa avanzada”. Neste caso, o curso terá lugar os días 21 e 22 de setembro entre as 19.30 e as 21.30 horas e conta tamén con todas as prazas cubertas.

De cara ao último trimestre do ano quedan outros dous cursos pendentes, que teñen xa o aforo completo, impartidos en ambos casos por Inma López Silva. Trátanse de obradoiros literarios de perfeccionamento que se desenvolverán entre as 19.30 e as 21.30 horas os días 2,9, 16, 23 e 30 de novembro e o 9, 14 e 21 de decembro de 19.30 a 21.30 na sede de Vigo da Deputación, e os días 3, 10, 17 e 24 de novembro, e no Pazo provincial da Deputación en Pontevedra os días 1, 10, 15 e 22 de decembro.

Salir de la versión móvil