A oitava edición de “Amodiña” abre o casting para a elección de modelos infantís

Publicidad

Amodiña, a pasarela de moda do Morrazo organizada por Fecimo, abrirá mañá martes, 16 de abril, a inscrición previa para poder participar no casting de selección de novos talentos infantís.

O certame de moda precisa este ano entre 30 e 40 cativos, cifra que será determinada con exactitude nos vindeiros días. Estas nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos protagonizarán os pases de moda infantil.

A inscrición previa é obrigatoria e está aberta dende o 16 de abril e ata o 22 de abril ou ata que se cubran as primeiras 130 inscricións. Poderanse realizarse a través do formulario que se atopa na web de fecimo indicando os datos requiridos. O pai/nai ou titor legal deberá autorizar debidamente a participación do neno ou nena no certame.

A proba de selección celebrarase o día 25 de abril na planta superior da Praza de Abastos de Moaña, ás 17:00 horas. Os nenos e nenas participantes terán que amosar o seu estilo para desfilar baixo a atenta mirada do xurado, composto por membros da axencia contratada para a coordinación dos modelos.

Seranlle sacadas fotografías durante a proba, na que se valorará que os pequenos se desenvolvan diante do público de xeito desenfadado.

Amodiña 2019, o gran evento de moda do Morrazo, celebrarase o 11 de maio ás 21:00 horas no Palco da Música situado no Paseo Marítimo de Moaña.

Salir de la versión móvil