A Romaría de Santa Marta de Ribarteme, nova Festa de Interese Turístico de Galicia

Publicidad

As Neves estrea unha nova festa declarada como Interese Turístico de Galicia. O alcalde Xosé Manuel Rodríguez amosouse “agradecido e satisfeito” ao recoller este venres por parte do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e da directora xeral de Turismo, Nava Castro, na Cidade da Cultura a distinción para a Romaría de Santa Marta de Ribarteme.

Rodríguez Méndez salientou a importancia do “recoñecemento que se lle fai a un feito dende o punto de vista social ven ocorrendo de maneira permanente durante centos de anos e, ademais, facilitará que fagamos mellor as cousas e que contemos con máis apoio para elo”.

O alcalde apunta que para As Neves contar xa con dúas Festas de Interese Turístico de Galicia -a Romaría de Santa Marta e a Feira do Requeixo e do Mel- supón que “os nevenses estamos a facer ben as cousas e que somos quen de ir concitando a admiración e o interese de todas as administracións para permitir que o noso territorio medre e consiga unha maior proxección internacional”.

Salir de la versión móvil