A Concellería de Formación e Emprego do Porriño vén de anunciar o prazo de inscrición para os cursos de 'Atención Socio Sanitaria a persoas no domicilio' (SSCS01ET, código 340 ou 320), e 'Atención socio-sanitaria a persoas en institucións sociais' (SSCS11ET Código 340 ou 320) , dentro dos 'Obradoiros de Emprego Porriño Social'.
As persoas interesadas en participar nos mesmos deberán acreditar estar graduadas en Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) ou Competencias clave nivel 2, e ser menores de 30 anos de idade.
O prazo de inscrición estará aberto até o vindeiro luns, 27 de setembro, e para solicitar a súa inclusión os interesados deben dirixise á oficina do Servizo Galego de Emprego do Porriño.
Terán prioridade aquelas persoas que soliciten un dos devanditos cursos e as que sexan seleccionadas asinarán un contrato de traballo en formación, retribuído, durante un período de seis meses.