Aberto o prazo de inscrición no curso de monitor de ocio e tempo libre en Mos

Publicidad

A concellería de Participación Cidadá de Mos organiza un curso de monitor/a de ocio e tempo libre dende abril e até o mes de xullo.O curso vai destinado a persoas maiores de 18 anos de idade, que deben telos cumpridos antes do comezo do curso. Así mesmo deberán de estar en posesión do título da ESO ou do graduado escolar.

Cunha duración total de 350 horas, 200 teóricas e 150 prácticas, a acción formativa será impartida por Koremi, escola de tempo libre dende 2003 e contará con práctica profesional en contornos reais con distintos colectivos.

O curso terá lugar no Multiusos das Pozas (Petelos) e realizarase todas as fins de semana, comezando o sábado 28 de abril e finalizando o domingo 22 de xullo. O horario será os sábados de 9.00 a 14.00 horas e de 15.30 a 20.30 horas, e os domingos de 9.00 a 14.00 horas, excepto o último domingo, 22 de xullo, que será tamén en horario de tarde.


Consulta máis cursos aquí


O prezo xeral é de 220 euros e con desconto para persoas en situación de desemprego 195 euros ou titulares do carné xove. O pago pode facerse fraccionado en tres veces, 1º pago de 80 euros antes do comezo do curso, 2º pago antes do 26 de maio e un 3º pago da diferenza antes do remate do curso.

En total, poderán participar 25 persos, cun mínimo de 15. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 25 de abril, nas oficinas da OMIX, no Rexistro do Concello de Mos ou na sede electrónica do Concello. A listaxe de persoas admitidas farase pública o 26 de abril.

Os/as interesados/as en obter máis información poden chamar por teléfono ao 986.339.404 ou escribir ao correo electrónico omix@concellomos.es

Salir de la versión móvil