Abre o prazo para participar no taller de inmersión á repostería sefardí

Publicidad

A concellería de Turismo do Concello de Tui oferta, dentro do programa de actividades das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, un taller de inmersión á repostería sefardí. Correrá a cargo de Abigail Cohen, propietaria da única pastelaría con obradoiro artesanal de pastas xudías existente en España, a Pastelería “La Candela” en Hervás.

O obradoiro constará dunha parte de introdución á cultura sefardí, ós seus costumes, ingredientes básicos e a cociña kosher, así como ás festividades xudías e os seus doces para continuar, xa coas mans na masa, aprendendo a elaborar os produtos. Os participantes levarán despois a receita e unha mostra das pastas elaboradas.

Trátase dunha oportunidade para saborear ricos doces, que Abigail Cohen elabora con mimo, o vindeiro venres 18 de setembro ás 19:00 horas, na Aula UNED (Convento de San Domingos) de Tui.

O taller de inmersión á repostería sefardí está dirixido aos profesionais do sector da hostalaría, restauración e alimentación, así como a persoas interesadas nesta temática. As inscricións se realizan na Oficina de Turismo, de forma presencial, no teléfono 677 418 405 ou no correo turismo@tui.gal.

O obxectivo do Concello de Tui é contribuír á consolidación dunha oferta turística diferenciada arredor do patrimonio xudeu de Tui que incremente os recursos que, para turistas e visitantes, ofrece o municipio baixomiñoto.

Esta actividade forma parte do programa “Sabores de Sefarad” que promove a Red de Juderías – Caminos de Sefarad á que pertence o concello de Tui.

O 26 de outubro continuará o programa en Tui coa presenza de Javier Zafra, autor do libro “Sabores de Sefarad, los secretos de la gastronomía judeo-española, que abordará unha xornada sobre esta temática.

Salir de la versión móvil