Aprende deseño artesanal e comunicación social na Guarda

Publicidad

A Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) do Concello da Guarda organiza este mes de outubro dous novos obradoiros: “Plástico máxico” e “Comunicación eficaz: técnicas para falar en público”.

A creación propia, a orixinalidade e o traballo manual ou artesanal serán as cualidades que se traballarán no taller “Plástico Máxico” o próximo venres 20 de outubro no antigo Colexio Sinde. Nesta actividade, de dúas horas de duración (de 19:00 a 21:00 h), aprenderemos a elaborar diferentes obxectos de bixutería e decoración.

No taller “Comunicación eficaz: técnicas para falar en público”, pola súa parte, traballaranse as técnicas de comunicación verbal e non verbal, a escoita activa, a asertividade e a empatía, así como os mecanismos para superar o medo a falar en público. O obradoiro levarase a cabo no Centro Cultural os días 26 de outubro e 2 de novembro, entre as 17:00 e as 20:00 horas e busca, como idea principal, mellorar a comunicación social, así como as relacións no medio laboral ou en outros ámbitos da vida cotiá.

As persoas interesadas poderán obter máis información e inscribirse na oficina da OMIX situada na Casa do Concello da Guarda, chamando ao teléfono 986 614 546 ou ben no correo electrónico informacion@aguarda.es.

Salir de la versión móvil