O Servizo de Atención Temperá das Neves amosa y explica o seu trabalo coa cativada

Publicidad

As persoas que o desexen poden coñecer en primeira persoa este mércores 16 de outubro, ás 16:30 horas no CEIP Nosa Señora da Mercé, o traballo que desenvolven os profesionais do Servizo de Atención Temperá do Concello das Neves. Dende o pasado 2 de setembro, este servizo desenrolado no Centro Social municipal a cargo da psicóloga Rosa García, a logopeda Noelia Rivadas e a fisioterapeuta Tania da Rocha, ten como obxectivo detectar e atender posibles trastornos no desenvolvemento de nenas e nenos de entre 0 a 6 nenos de idade.

Esta atención, como sinalan as tres profesionais, abranguen un conxunto de intervencións e iniciativas que non só teñen coma implicados aos pequenos, senón “ás persoas da súa contorna”, coma os pais, educadores e familiares.

Na detección de posibles dificultades ou problemas no desenvolvemento teñen unha importancia clave as profesoras e profesores das escolas de Educación Infantil, o persoal do departamento de Servizos Sociais, que está en contacto diario con familias do concello e a Pediatra, que pode atopar alteracións, sexan transitorias ou non, que requiran unha análise, estudo e atención.

Este servizo, que conta cunha subvención da Xunta de Galicia, atende na actualidade nas Neves a oito nenas e nenos con dificultades no seu desenrolo, ou en risco de telas, aos que se estimula mediante técnicas de fisioterapia, psicomotricidade e logopedia, desenvolvidas mediante xogos e actividades de lecer e entretemento, de cara a darlle resposta, axiña, ás mesmas.

Rosa, Noelia e Tania subliñan a transcendencia de traballar con cativas e cativos xa dende os primeiros meses posto que aproveitase a facilidade de aprendizaxe e capacidade de adaptación que ten o cerebro de bebés e nenos de entre 0 a 6 anos. É nesta etapa de tempo na que máis se pode favorecer o crecemento das pequenas e pequenos proporcionándolles percepcións sensoriais que os estimulen.

Salir de la versión móvil