A Concellería de Novas Tecnoloxía do Concello de Ponteareas abre o prazo de inscrición para os novos cursos da aula CEMIT (Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) ubicada no centro social da rúa Oriente.
Nesta nova convocatoria os interesados e interesadas poderán inscribirse nos cursos de corelDRAW, Autocad, Autocad avanzado, Deseño 3D con SketchUp, Adobe Photoshop, Adobe Photoshop Avanzado, Autoedición:Adobe InDesign, Ilustración Dixital:Adobe Illustrator e CATIA inicial, intermedio e avanzado.
Os cursos teñen unha duración de vinte horas, son de balde e hai quince prazas por curso que serán adxudicadas por orde de inscrición, aberta dende hoxe ata o luns 13 de novembro.
Para máis información remitirse á aula CEMIT do centro social na rúa Oriente, teléfono 673 794 883 ou no enderezo electrónico cemit.ponteareas@xunta.es