Baiona forma á Policía Local e funcionarios no uso de desfibriladores semiautomáticos

Publicidad

O Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local, organizou un curso de Soporte Vital Básico e DESA (desfibrilador semiautomático), a través de instrutores pertencentes ao corpo da Garda Civil e facultativo do servizo UCI do Hospital Álvaro Cunqueiro, no que participaron funcionarios da Policía Local así como persoal dos distintos departamentos do Concello de Baiona.

O primordial obxectivo da formación é que os axentes e o persoal municipal coñezan a cadea de supervivencia e poñan en prácticas técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP), o uso de desfibriladores e intervención de efectivos policiais e sanitarios en accidentes de circulación con uso de cascos de protección.

Así, formouse ao persoal en como deben actuar perante unha parada cardiorespiratoria ata o momento da chegada dos servizos sanitarios, xa que na maioría de situacións de emerxencias son os axentes os primeiros en asistir debendo actuar con rapidez. 

“O curso de Soporte Vital Básico e DESA (desfibrilador Semiautomático) trátase dunha formación altamente demandada socialmente dada a relevancia ao poder prestar servizo de primeira intervención de apoio mentres chegan os servizos sanitarios ao lugar para atender a emerxencia", defendeu o alcalde, Carlos Gómez Prado.

Salir de la versión móvil