Consulta as máis de 2.000 prazas de docentes que a Xunta convoca en 2018

Publicidad

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de presentar á mesa sectorial do ensino non universitario a proposta de oferta pública de emprego para o ano 2018. En total serán 2.050 prazas en 30 especialidades diferentes.

Dende a Xunta apuntan que "a Consellería decidiu incrementar o número de prazas da convocatoria – desde as 1.919 anunciadas inicialmente ata as 2.050 que se convocarán finalmente- tras negociar e consensuar as peticións dos membros da Comisión de Seguimento do Acordo de Estabilización de Emprego".  O obxectivo da administración autonómica é o de acadar o antes posible a diminución da taxa de interinidade ata un 6%, aproximadamente.

A distribución de prazas por especialidade queda como segue:

Ingreso

Corpo de profesores de ensino secundario

TOTAL 788
ESPECIALIDADE PRAZAS
Lingua castelá e Literatura 75
Xeografía e Historia 65
Matemáticas 153
Física e Química 88
Bioloxía e Xeoloxía 60
Inglés 50
Orientación Educativa 35
Tecnoloxía 65
Lingua galega e Literatura 75
Intervención sociocomunitaria 20
Organización e xestión comercial 25
Organización e proxectos de sistemas enerxéticos 15
Procesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos 15
Procesos Sanitarios 22
Sistemas electrotécnicos e automáticos 25

Corpo de profesores técnicos de formación profesional

ESPECIALIDADE PRAZAS
Estética 20
Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos 20
Operacións de produción agraria 18
Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico 16
Procedementos sanitarios e asistencias 40
Procesos comerciais 24
Servizos de restauración 22
TOTAL 160

Corpo de mestres

ESPECIALIDADE PRAZAS
Educación infantil 110
Lingua estranxeira: inglés 50
Lingua estranxeira: francés 50
Educación Física 55
Música 35
Pedagoxía Terapéutica 75
Audición e Linguaxe 90
Primaria 240
TOTAL 705

Acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas

PRAZAS
Acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas 105
TOTAL 105

Acceso do Subgrupo A2 ao Subgrupo A1

Corpo de profesores de ensino secundario

ESPECIALIDADE PRAZAS
Lingua castelá e Literatura 25
Xeografía e Historia 22
Matemáticas 52
Física e Química 29
Bioloxía e Xeoloxía 21
Inglés 18
Orientación Educativa 12
Tecnoloxía 22
Lingua galega e Literatura 23
Intervención sociocomunitaria 6
Organización e xestión comercial 8
Organización e proxectos de sistemas enerxéticos 5
Procesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos 5
Procesos Sanitarios 6
Sistemas electrotécnicos e automáticos 8
TOTAL 262

Acceso desde o Subgrupo A1 ao Subgrupo A1

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

PRAZAS
Inglés 30
TOTAL 30
Salir de la versión móvil