Conversas online de balde para axudar a alumnos de bacharaleto ante a toma de decisións

Publicidad

O movemento social galego "Ensaia" organiza por primeira vez a súas "Conversas", charlas online de balde, para contribuir ao estudantado de bacharelato na súa deción de futuro. Esta iniciativa nace a través do proxecto "mil futuros", e tras falar con máis de 300 rapazas e rapaces de segundo de bacharelato de diferentes centros educativos de Galicia nos últimos 12 meses. O obxectivo é favorecer a toma de decisións do estudantando, rebaixar a súa ansiedade e contribuir a que teñan recursos e plenitude para afrontar o futuro con seguridade.

Tratando tamén de por en valor o talento local e empoderar á xuventude, nesta ocasión, contarán con participación da psicóloga e socióloga, Alba Nogareda, nun encontro aberto que falará sobre defraudar, expectativas e presión.

"Esta iniciativa nace tras comprobar, nunha enquisa a estes rapaces, que máis do 68% declara que, este ano, sinte presión ou moita presión pola súa situación e o seu futuro. A pandemia, a dificultade de entrar na carreira que desexan, as inquedanzas por non saber que estudar ou a presión por non defraudar a pais e nais, fan que non sexa un bo ano para estudantes”, explica o fundador de "ensaia", Javier Cebreiros.

Este encontro enmárcase na visión de "ensaia", unha comunidade de máis de cen persoas que, de balde, buscan impactar positivamente na seguinte xeración; non soamente con actos online abertos ou un sistema de mentores para a mocidade; senón facendo doazóns voluntarias para outorgar, anualmente, unha bolsa para impulsar a traxectoria dun talento de Galicia.

O evento está dirixido ao estudantado de máis de 16 anos que estea a sentir presión por seu futuro e terá lugar este martes 29 de marzo ás 19:30 horas a través da páxina web de ensaia, onde tamén será necesario inscribirse previamente antes de dar comezo a charla.

Salir de la versión móvil