Curso de nivel básico de prevención de riscos laborais en Tui

Publicidad

O Concello de Tui e a Fundación Laboral da Construción ofertan un curso gratuíto e homologado de Nivel Básico de prevención de riscos laborais. Constará de 60 horas lectivas a impartir nas instalacións do Centro Municipal de Formación en Guillarei e as clases terán lugar de luns a venres do 11 ao 22 de decembro de 08:30 a 14:30 horas.

En total, ofértanse 25 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. Os interesados poden anotarse enviando fotocopia do DNI polas dúas cara e teléfono de contacto no correo electrónico cfo@concellotui.org, por Whatsapp no 670 24 56 33 ou presencialmente no Centro Municipal de Formación en Guillarei de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Salir de la versión móvil