↥Publicidad
A Oficina Municipal de Información Municipal de Informaciá Xuventude (OMIX) do Concello da Guarda organiza un curso de inglés para adultos que dará comezo o vindeiro 10 de abril.
O curso terá unha duración total de 20 horas. O custe será de 25€ (pago único) e poderán inscribirse todas as persoas que desexen por en práctica o idioma, adquirindo ferramentas para manter conversas cotiás. O horario das clases será de 20:00 a 22:00 horas os martes e xoves.
As persoas que estén interesadas en participar, poderán obter máis información e inscribirse na OMIX, a través do teléfono 986 614 546, no correo electrónico información@aguarda.es, ou ben na páxina de Facebook de OMIX A Guarda.