Debuxos por alimentos en Gondomar

Publicidad

O Concello de Gondomar a través da Concellería de Benestar Social organiza un concurso de debuxos relacionados co Nadal baixo o título de “o adorno máis bonito” que goza ademais dun obxectivo solidario.

O certame, no que poden participar nenos e nenas de até 12 anos, consiste en presentar un debuxo e entregar un quilo de alimentos non perecedoiros, que serán doados ás familias en situación de emerxencia social a través do servizo de Benestar Social do Concello.

Os cativos poderán participar entre o 11 de decembro e o 3 de xaneiro, presentando o bosquexo na sede de Serviancar Autos, empresa colaboradora. Os premios ao mellor debuxo consisten nunha bicicleta, nun monopatín, nun premio para nenos/as de ata 6 anos e nun premio para nenos/as de entre 7 e 12 anos.

Salir de la versión móvil