Encontro formativo entre os obradoiros de emprego do Val Miñor

Publicidad

Este venres 19 de xaneiro tivo lugar un intercambio formativo entre os obradoiros de emprego "Valmiemprega II" e "Terras do Miñor VI", ámbolos dous promovidos polos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán. O obxetivo foi difundir entre o persoal de ambos obradoiros o propio concepto dos Obradoiros de Emprego, dando a coñecer as características propias de cada un, especialidades impartidas e obra a executar.

O encontro tamén serviu para que os alumnos das especialidades de “servizos de restauración" e "operacións básicas de cociña" do O.E. Terras do Miñor VI, realizasen unha práctica onde prepararon e serviron un almorzo saudable aos asistentes. Esta actividade posteriormente desenvolverase como parte da obra, con escolares dos centros educativos de concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán.

Por outra banda os alumnos da especialidade de "Promoción turística local e información ao visitante" do O.E Valmiemprega II, tamén realizaron unha práctica-formativa levando a cabo cos asistentes unha "Visita Guiada de interpretación da paisaxe de Panxón, Praia América e Ramallosa". Esta actividade posteriormente desenvolverase como parte da obra con público en xeral e escolares, para a promoción turística dos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán.

Salir de la versión móvil