A Guarda abre inscrición para un curso de monitor de tempo libre

Publicidad

A Concellería de Xuventude, a través da Oficina de Información á Xuventude (OMIX) da Guarda, lanza dúas novas propostas de accións formativas e lúdicas que darán comezo no mes de marzo: un curso para a obtención do título de monitor/a de tempo libre e un obradoiro de cociña orientado á elaboración de galletas.

O curso para a obtención do título de monitor/a de tempo libre impartirase as fins de semana dende marzo e incluirá, como novidade, a formación e certificación de manipulador/a de alimentos. As clases teóricas terán lugar no antigo colexio Sinde e durarán ata comezos do mes de xuño, reservando o verán para a realización das prácticas. O custe do curso, homologado pola Xunta de Galicia e con prazas limitadas, será de 175 euros por persoa.

O obradoiro de elaboración caseira de galletas ofrecerá unha opción de cociña creativa e apetitosa para elaborar doces. O taller desenvolverase en tres sesións, previsiblemente, durante os luns do mes de marzo en horario de 19 a 21 h. O prezo da actividade será de 28 euros por persoa, con todo o material necesario incluído.

As persoas interesadas en realizar algunha das accións formativas, poderán ampliar información e formalizar a súa inscrición na OMIX da Guarda, chamando ao 986 614 546, a través do correo electrónico informacion@aguarda.es.

Salir de la versión móvil