A Guarda impulsa dous novos programas de voluntariado social e educativo

Publicidad

O Concello da Guarda, a través da Oficina de Información á Xuventude (OMIX), promove dous novos programas de voluntariado orientados ao apoio escolar a nenas e nenos e de acompañamento a persoas da terceira idade.

O obxectivo desta campaña é animar a participación de tódolos veciños e veciñas do municipio, de xeito que os guardeses e guardesas se impliquen na mellora do benestar social e comunitario da vila.

Ademáis do programa de apoio escolar e o de acompañamento á terceira idade, as persoas interesadas en participar en calidade de voluntarios/as, poderán facelo noutras iniciativas.

Para máis información, poden dirixirse á OMIX, situada na planta baixa da Casa do Concello, chamar ao teléfono 986614546 ou ben porse en contacto coa oficina a través da súa páxina de Facebook (@patricia.omixaguarda) ou no correo electrónico informacion@aguarda.es.

Salir de la versión móvil