A Guarda presentea o obradoiro de baile e música tradicional “Canta avoas”

Publicidad

A Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) do concello da Guarda manterá aberto o prazo de inscrición no obradoiro interxeracional de danza e música tradicional “Os nosos bailes e cancións de agora e de sempre: Canta avoas” ata o venres 20 de outubro.

Esta actividade enmárcase no programa “Tecendo lazos” da Deputación de Pontevedra, cuxa principal finalidade é desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e o tempo libre a través dos que establecer espazos para o encontro entre diferentes xeracións.

Cal é a duración do curso?

O curso terá unha duración de 16 horas repartidas entre os venres (de 18:30 a 20:30 horas) e os sábados (de 10:30 a 12:30 horas) durante o mes de novembro no antigo Colexio Sinde.

Quen pode participar?

Nesta actividade poderán participar persoas de entre 10 e 99 anos, preferentemente preferentemente pertencentes ao mesmo núcleo familiar: avós/as, netas/os, pais/nais, fillas/os, etc.

Como inscribirse?

Para inscribirse, deberase entregar o formulario de solicitude cuberto xunto cunha fotocopia do DNI, certificado/volante de empadroamento e, no caso de menores de idade, autorización para participar no obradoiro.

As persoas interesadas poderán obter máis información na oficina da OMIX situada na Casa do Concello, chamando ao teléfono 986 614 546 ou ben no correo electrónico informacion@aguarda.es.

Salir de la versión móvil