↥Publicidad
A asociación “Mullleres Progresistas” vén de abrir o prazo para o VI Premio de Microrrelatos co gallo de promover a “igualdade, a corresponsabilidade e o empoderamento” da muller.
O certame, que contará con tres premios de 300€, 200€ e 100€, respectivamente, enlazará o “carácter reivindicativo coa vertente literaria” polo que os microrrelatos deberán ser de natureza narrativa e non de “mera proclama”.
Cal é o prazo para presentar os trabalos?
Cada participante pode entregar até 3 microrrelatos, escritos en galego normativo, con título e un máximo de 100 palabras. O prazo de admisión para a recepción de traballos péchase ás 23:59 horas do 15 de novembro de 2017.