No seu obxectivo por recuperar o patrimonio cultural da parroquia, a Asociación Chandebrito 1807 vén de abrir o período de presentación de instantáneas históricas do século XX.
En concreto, a asociación busca fotografías relacionadas coa actividade deportiva e sociocultural, pero tamén de paisaxes naturais da parroquia de Chandebrito.
Para participar, débese remitir antes do 31 de decembro as imaxes a través de correo electrónico (chandebrito1807@gmail.com) ou por correo postal (Asociación Cultural Chandebrito 1807, na Rúa da Igrexa nº 2 Chandebrito. C.P. 36360 Nigrán).
As fotografías deben ter unha resolución mínima de 300 píxeles e estarán acompañadas de nome, apelidos, número de teléfono así como os datos coñecidos do momento no que se tomou a imaxe como data, lugar ou anécdotas relacionadas coa mesma.
A persoa gañadora será premiada cunha camista do petroglifo da Chan así como 50€.