Na procura de cogomelos en Tomiño

Publicidad

A asociación de praceiros e praceiras do Mercado Municipal de Tomiño e a asociación sociocultural Senraia organizan en colaboración co Concello de Tomiño a segunda edición das Xornadas Micolóxicas, que terá lugar os días 10, 11 e 12 de novembro e que contará cunha exposición de cogomelos, degustacións e saídas didácticas.

O programa comezará o venres 10 de novembro a partir das 20.00 horas cunha charla divulgativa a cargo de Purificación Lorenzo, bióloga especialista en micoloxía da Universidade de Vigo, e coa inauguración dunha mostra de setas aberta ao público xeral durante toda a fin de semana.

O sábado 11 de novembro realizarase a primeira saída guiada ao monte para recoller setas (09.30 h) acompañados pola bióloga Purificación Lorenzo, unha saída preparada para un máximo de 25 persoas que rematará cun viño e engadindo os exemplares recollidos polos participantes á exposición do Mercado. Xa pola tarde haberá un show-cooking e degustación dunha seleccionada variedade de exemplares a cargo de José Luis Tomé, secretario da Agrupación Micolóxica Brincabois.

As xornadas rematarán o domingo 12 de novembro cunha segunda saída pola mañá para recoller setas no monte e coa posterior clausura ao mediodía no Mercado de Tomiño.

A exposición e a charla serán abertas e gratuítas para o público en xeral. Pola súa banda as saídas, o show-cooking e a degustación conta con prazas limitadas e cun pago de cota. O prazo de inscrición aínda está aberto e máis de 50 persoas xa están anotadas para participar nalgunha das actividades programadas. Máis información e inscrición no Mercado de Tomiño.

Salir de la versión móvil