Moaña xa ten foto gañadora para promocionar o seu comercio local. O Concello vén de resolver o concurso "faite unha foto no comercio local" co que a concellería de Promoción Económica, dirixida por Coral Ríos, busca apoiar as tendas do municipio sorteando unha tarxeta regalo de 300 euros.
O xurado vén de elixir este luns, 4 de xaneiro, a mellor foto e a tarefa non foi sinxela. En total, participaron 45 fotografías diferentes. A gañadora foi Estela Paz Alfonso que co seu lema, "no inverno e no verán, merca no comercio local" mestura ledicia, retranca e compromiso cos negocios de proximidade.
Segundo explican denden o xurado, "a simpatía e orixinalidade" foi esencial para poder escolle resta imaxe, xa que era o que mais se valoraba nas bases. O premio foi entregado este mesmo luns para permitir que se poida empregar o agasallo de 300 euros para gastar no comercio local antes da chegada dos Reis Magos.