Obradoiro para levar a vida cun sorriso en Bueu

Publicidad

O Concello de Bueu, no marco do programa da Deputación de Pontevedra "Tecendo Lazos", porá en marcha un obradoiro de risoterapia creativa anti-estrés, que se celebrará todos os venres pola tarde entre 27 de outubro e o 22 de decembro.

Este tipo de terapias suma cada día maior popularidade para o tratamento de certos traumas ou simplemente co obxectivo de levar unha vida máis positiva. De feito, o pai do psicoanalismo, Sigmund Freud atribuiu ás gargalladas o poder de liberar o noso organismo de enerxia negativa e, así, cun efecto de catarsis, vivir mellor.

Neste obradoiro, no que poderán participar persoas de entre 10 e 99 anos, tratará dinámicas e xogos da ximnasia da risa. Entre os temas que se van dar están as técnicas de liberación e desbloqueo, así como prácticas de humor e relaxación, xogos de comunicación e expresión corporal, xogos de fantasía e bromas prácticas. O obxectivo primordial é fomentar a comunicación e contacto interxeracional e promover unha actitude positiva.

A actividade é gratuíta aínda que se precisa inscrición previa, con data límite o 16 de outubro. Para anotarse as persoas deberán chamar ao teléfono 986 39 00 29 (extensión 4).

Salir de la versión móvil