Os premios de poesía, relato curto e traducción da UVigo repartirán 3.600 euros este ano

iStock / Beba73

Publicidad

A Área de Normalización Lingüística da UVigo fai unha chamada á creatividade literaria en galego da comunidade universitaria coa apertura da convocatoria para unha nova edición dos tradicionais Premios de poesía, relato curto e tradución da Universidade de Vigo. Convocados ao abeiro de colaboración vixente entre a UVigo e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta, as persoas interesadas en participar poderán presentar as súas propostas ata as 14:00 horas do vindeiro 8 de abril.

A convocatoria está aberta á participación do alumnado, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos da universade. En canto aos requisitos, na modalidade de poesía e relato curto a temática será libre e as bases establecen, únicamente, que sexan traballos inéditos escritos en lingua galega e que teñan unha extensión de entre 100 e 150 versos, no caso da poesía, e entre 2.500 e 6.000 palabras, no caso do relato curto. Pola súa banda, o texto fonte da categoría de tradución debe ter tamén entre 2.500 e 6.000 palabras e pode estar escrito en calquera idioma, sempre que forme parte dos xéneros de literatura, ensaio, divulgación científica, guión cinematográfico ou videoxogos.

A ANL galardoará nesta ocasión os traballos de maior calidade e talento literario cun primeiro premio de 700 euros e dous accésits de 250 euros en cada unha das tres categorías, repartindo así un total de 3.600 euros. Ademais, as poesías, narracións curtas e traducións premiadas serán tamén publicadas nun monográfico que se edita anualmente e que, ano a ano, ten unha ampla acollida entre a comunidade universitaria.

O xurado encargado de elixir as propostas gañadoras estará integrado por persoas de recoñecida traxectoria nos ámbitos da creación poética e narrativa, da creación literaria e máis da tradución. A entrega de galardóns terá lugar no acto institucional de celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987).

O ano pasado, na modalidade de poesía o primeiro premio foi para Branca Trigo, polo poemario Cyberfolk; en relato curto para Fabio Rivas, polo relato O Forxán e os asteroides, e en traducción para Joaquín García, pola traducción dun texto escrito en portugués por José Luis Peixoto. Todos os traballos están recollidos no libro Premio 2021 de poesía, relato curo e traducción.

O xurado da última edición estivo presidido polo profesor da Universidade de Vigo e escritor Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro e, xunto a él, formaron parte do tribunal, o director de edicións Xerais, Fran Alonso, o poeta Luís López Alonso –Premio de poesía da Universidade de Vigo 2019-, o escritor e profesor Manuel Lorenzo Baleirón –co ganador do Premio Xerais 2012- e os docentes da Universidade de Vigo Jorge Luis Bueno, Lourdes Lorenzo e Liliana Valado, xunto co director da ANL, Fernando Ramallo, como secretario con voz pero sen voto.

Salir de la versión móvil