O Concello de Ponteareas vén de convocar o proceso de selección para a contratación laboral por interinidade de dous peóns para o servizo de extinción de incendios e emerxencias, unha delas de condutor.
Os interesados en optar a este contrato temporal a tempo completo deben dirixir as instancias ao alcalde do Concello de Ponteareas, podendo presentarse no prazo de vinte días naturais a partir do pasado luns, 18 de decembro.
Para a praza de condutor deberá estar en posesión da ESO ou equivalente, e do carné de conducir C+E. Para a praza de peón grumir estar en posesión da titulación de certificado de estudios primarios.
Ambas prazas pertencen na actualidade ao servizo de extinción de incendios e emerxencias, polo que a praza de condutor, aparte das funcións propias de condución dos vehículos propios do departamento, estarán incluídas todas aquelas propias do departamento o que estarán destinados e que impliquen a súa participación activa nos servizos de emerxencia que se requiran e que xeralmente serán as da participación conxunta co peón grumir o que acompañe.
O cadro de persoal do servizo de extinción de incendios e emerxencias está actualmente conformado por 8 persoas.