↥Publicidad
O Concello de Ponteareas vén de abrir o prazo de inscrición para unha nova edición do curso de iniciación de lingua de signos. Ante o éxito da primeira convocatoria, a concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade volve ofrecer este curso totalmente de balde.
As clases impartiranse os luns, martes e mércores na sala multiusos do auditorio municipal en horario de 18:00 a 21:00 horas. O curso comeza o próximo luns día 11 de marzo e todos e todas as interesadas deberán inscribirse no número de teléfono 672 105 468.
Este curso enmárcase dentro da primeira programación estable "Mocidade Viva" deseñada especificamente para a mocidade da cidade e coa súa colaboración.