Redondela participa no Mes da Ciencia en Galego coa actividade "Matemaxia"

Publicidad

O Concello de Redondela, como xa é habitual, súmase ao Mes da Ciencia en Galego que, dende hai anos, celébrase en Galicia coincidindo coa celebración do Día Internacional da Ciencia o 10 de novembro. Con esta iniciativa a comunidade científica busca concienciar sobre o uso da ciencia para a paz e o desenvolvemento.

Dende hai 11 anos, por iniciativa do profesorado, comezou a celebrarse o Mes da Ciencia en Galego co obxetivo de amosar a plena normalidade do uso na nosa lingua no ámbito científico e técnico. A partir de entón téñense organizado numerosos actos nos centros escolares de Galicia.

Este ano, dende o Servizo de Normalización Lingüística organizouse unha actividade sobre Matemaxia, unha forma lúdica de aprender e comprender as matemáticas tomando o galego como lingua. O Mago Paco será o encargado de amosar ao alumnado redondelán, por medio da maxia e da divulgación lúdica, os segredos que se agochan tras os números. A iniciativa, dirixida aos escolares de 5º e 6º de Primaria, levarase a todos os colexios de Redondela a través de 14 sesións que se encargarán de levar a 'maxia das matemáticas' ás e aos escolares.

Salir de la versión móvil