Tui amosa os segredos das ofertas laborais en Galicia e Portugal cun foro de emprego

Publicidad

O Concello de Tui organiza o próximo 17 de setembro un Foro de Emprego que baixo a denominación de “EMPREGA Tui” ten como obxectivo achegar a realidade do mercado laboral a todas aquelas persoas que se atopan en busca de emprego e que queiran coñecer da man de expertos en selección o seu grao de empregabilidade, atendendo aos perfís profesionais e habilidades persoais que estes requiren en la selección de persoal de cada empresa.

Neste foro, identificaranse os postos de traballo máis demandados non mercado laboral e desvelásense os aspectos clave mellor valorados nos procesos de selección. Todo iso de maneira vivencial e a través de casos prácticos e exemplos reais da contorna laboral. “EMPREGA Tui” contará coa presenza de varias empresas líderes no seu sector que permitirán acercar a realidade laboral aos asistentes que coñeceran que tipos de perfiles son os que están a demandar e as exixencias claves para a súa cobertura.

Ademais o Eures Transfronteirizo colabora na realización deste Foro no que entre os principais obxectivos do mesmo estaría en primeiro lugar, coñecer empresas líderes no seu sector localizadas no noso entorno, mediante breves exposicións nas que se detalla a súa filosofía corporativa e como son os procesos de selección, co fin de proporcionar información útil ás persoas demandantes de emprego. Dar a coñecer as necesidades e requisitos das empresas á hora de realizar unha contratación e facilitarlle ás persoas desempregadas claves que lle axuden a superar con éxito os procesos de selección. As empresas participantes son:Quick Up, Adecco, Utingal, Alonarti, Star servicios e Grupo Marsan

O número de prazas é limitado e serán cubertas por rigoroso orde de solicitude. Las persoas interesadas en asistir poderán solicitar a súa inscrición ben por correo electrónico: p.i.emprego@tui.gal o ben telefonicamente en los números: 664 552 493, 629706 436 e 98660 16 51 ou en persoa na segunda planta del Centro de Formación municipal del Concello de Tui en Guillarei.

O foro realizarase o próximo 17 de setembro na aula da UNED de Tui na rúa Antero Rubín en horario de 8:45 a 14:00

Salir de la versión móvil