Últimos días para anotarse no campamento de Nadal de Ponteareas

Publicidad

O Concello de Ponteareas anuncia que está a piques de rematar o prazo de preinscrición para o Campus-Tea tempada de Nadal, unha oferta formativa que ten como obxectivo facer posible a conciliación familiar coa laboral. A tan só dous días de que peche o prazo aínda quedan algunhas prazas vacantes.

O Campus-Tea está dirixido a nenos e nenas das etapas de educación infantil e primaria e desenvolverase nas instalacións do CEIP Fermín Bouza Brey os días laborais comprendidos entre o 22 de decembro e o 5 de Xaneiro de 2018, ámbolos dous incluídos.

O horario será de 09:00 a 14:00 horas e o custo de 15€ por participantes. O Campus-Tea combina o xogo con actividades creativas coa finalidade de coñecer o entorno próximo dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables. O Campus-Tea dará a coñecer tradicións como a figura do apalpador e celebrará tamén unha festa de fin de ano o día 29 de decembro.

O prazo de inscrición remata o 30 de novembro e tódolos interesados e interesadas poderán consultar as bases e acceder ao impreso de preinscrición de luns a venres en horario de 9 a 14 horas na oficina de ensino no andar baixo ou no rexistro xeral do concello. As bases e o formulario da preinscrición tamén están dispoñibles na páxina web do Concello. Haberá cen prazas e a orde de admitidos será por estricto orde de chegada. O Campus-Tea ofrece a opción de aula matinal e servizo de fiambreira.

A listaxe definitiva publicarase o día 11 de decembro no taboleiro do Concello e na páxina web.

Salir de la versión móvil