A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a oferta de ciclos formativos para o curso 2018/19, a través da que se ofrecen 29.260 prazas en primeiro curso en centros públicos en 1175 ciclos e programas formativos autorizados. Delas, 21.848 forman parte do réxime ordinario –8504 en grao medio, 8944 en grao superior, 3740 en FP Básica e 660 en programas formativos para persoas con necesidades específicas de atención educativa-, mentres que outras 4452 son do réxime modular para persoas adultas –2191 en grao medio e 2261 en grao superior-, 2250 do réxime modular a distancia –900 en grao medio e 1350 en grao superior-, e 710 en FP Dual –233 en grao medio e 477 en grao superior-.
Esta oferta avanza na implantación da FP Dual, unha das apostas do departamento educativo da Xunta de Galicia para impulsar a empregabilidade dos titulados e para axustar a formación profesional ás necesidades dos sectores produtivos. Amplíase ademais a oferta en ciclos en réxime ordinario e de adultos con importante demanda de emprego, como o caso da familia de Informática e comunicacións en Negreira, Santiago de Compostela e Vigo, ou a implantación do novo ciclo de grao medio de Mantemento de estruturas de madeira e moblaxe de embarcacións de recreo en Ferrol.
Aposta pola FP Dual
A oferta incorpora as súas principais novidades na FP Dual. Deste xeito no curso 2018/19 arrincarán 46 ciclos de FP Dual. Así, na provincia da Coruña entrarán en funcionamento 9 ciclos de FP Dual en grao medio e 13 de grao superior; na de Lugo 3 de grao medio e 7 de grao superior; na de Ourense 2 de grao medio e 1 de grao superior; e na de Pontevedra 3 de grao medio e 8 de grao superior.
No caso de Vigo, os novos ciclos de FP Dual serán o GM de Soldadura e Caldeiraría (nas empresas Nodosa, Pipeworks e Urkira OX), e os GS de Automoción (Coper, Algupibe, Zina Móvil, Automóviles y Recambios de la Grela, Finisterre Motor, Hyupersa Vigo, Báltico automoción Pérez Rumbao, Bétula Cars e Inturasa-Pérez Rumbao) e Mecatrónica Industrial (Benteler Automotive Vigo, S.L.).
Pola súa parte, o IES Ribeira do Louro do Porriño impartirá no vindeiro curso o GS de Mantemento Electrónico nas empresas Servizos Eléctricos Abelmar, Digafer, CTAG,
A continuación, detállanse os ciclos de FP dual con oferta na provincia de Pontevedra.
Centro | Ciclo | Empresa |
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) | GM Soldadura e caldeiraría | Nodosa, Pipeworks, Urkira OX |
IES Politécnico de Vigo (Vigo) | GM Mantemento electromecánico | Benteler Automotive Vigo, S.L. |
IES de Valga (Valga) | GM Soldadura e caldeiraría | Alfogar, Eslabesa Building Systemas, Curvados Anros, Gama e Hijos, Sistemas Técnicos de Accesorio e Componentes, Maimbar, Fundivisa, Talleres Old de Carpintería Metálica, Tune Eureka |
CIFP Manuel Antonio (Vigo) | GS Fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns | Lonza Biologics e CZ Veterinaria |
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) | GS Automoción | Coper, Algupibe, Zina Móvil, Automóviles y Recambios de la Grela, Finisterre Motor, Hyupersa Vigo, Báltico automoción Pérez Rumbao, Bétula Cars e Inturasa-Pérez Rumbao |
IES A Guía (Vigo) | GS Xestión de vendas e espazos comerciais | Media markt Saturn Administration, S.A.U. |
IES Politécnico de Vigo (Vigo) | GS Mecatrónica industrial | Benteler Automotive Vigo, S.L. |
IES Ribeira do Louro (O Porriño) | GS Mantemento electrónico | Servizos Eléctricos Abelmar, Digafer, CTAG |
IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa) | GS Mecatrónica industrial | Conserveras del Noroeste, Conservas Daporta, Conservas Selectas de Galicia, ANFACO-CECOPESCA, Mascato Salvaterra, CEFRICO, Depuradora Mariscos La Sirena, Escurís, Ignacio González Montes |
CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) | GS Xestión de aloxamentos turísticos | Eurostars Hotel Company, SLU |
CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) | GS dobre titulación en Dirección de cociña e Dirección de servizos de restauración | Eurostars Hotel Company, SLU |