Aberta a inscrición para a "VII Kedada BTT de Pereiras", en Mos

Publicidad

Está xa aberta a inscrición para participar na “VII Kedada BTT de Pereiras”, en Mos, que terá lugar o vindeiro domingo, 22 de outubro.

Para poder participar, os interesados poden anotarse de forma anticipada por un custe de 4€ até o 19 de outubro ás 22:00 horas. O prezo ascenderá a 5€ se desexan anotarse o mesmo día da actividade, até media hora antes do comezo da mesma.

O percorrido total da marcha ascenderá a unha distancia de 30 quilómetros e dará comezo ás 9:30 horas. Tras a mesma, os participantes disporán de servizo de lavado de bicicletas e duchas.

Para máis información sobre esta actividade: avvnosaterra@yahoo.es e tlf. 638988710.

Salir de la versión móvil