Abertas as inscricións para a Subida á Picaraña, extraordinario miradoiro do Condado

Publicidad

Os Caminhantes do Condado veñen de abrir as inscricións para a II Subida a Picaraña (Ponteareas) que se celebrará o 1 de maio. O evento deportivo e de ocio conta tanto cunha subida popular como cunha andaina. Ademais, por segundo ano consecutivo, tamén acollerá o Campionato Galego de categoría cadete.

Os asistentes á proba popular –con límete de 200 dorsais- e a andaina deberán percorrer os 4 kilómetros que separan á piscina municipal de Ponteareas co cumio do monte onde, despois de superar o desnivel positivo de 350 metros, poderán desfrutar dunhas vistas extraordinarias do Val do Tea e o Condado, coa vila de Ponteareas aos seus pés.

Unha vez finalizada, dende o alto, tamén poderán contemplar dende a distancia o Castelo de Sobroso. Tamén na subida, o Monte esconde a Pedra do Equilibro e a dos Namorados, xigantes formacións rochosas que parecen estar a punto de desprenderse, gravitando nun aparentemente fráxil apoio.

O prezo para participar na andaina é de 4€, namentres que na subida popular sitúase nos 6€ e ambas probas comezarán ás 10:30 horas. As inscricións estarán abertas até o 28 de abril. Para anotarse é preciso formalizar a inscrición a través de Championchipnorte.

Campionato Galego

A subida conta por segundo ano cunha proba do Campionato galego de categoría cadete, de 15 a 17 anos. A distancia neste caso será de 6 km, cun desnivel de 450 metros. Neste caso a saída será as 10:45 horas e o prezo é de 6€.

Salir de la versión móvil